sastre

Sastre, unha tipografía feita con oficio e intelixencia natural

Información

Sastre é unha tipografía híbrida* na que converxen natureza e artesanía. As súas formas, de estrutura quebrada e proporcións xenerosas, están deseñadas para acomodar textos longos e tamaños pequenos. Mesmo coa súa forte personalidade, Sastre é unha tipografía versátil e funcional. En lugar de reproducir formas tradicionais, o que fai é reinterpretalas, desafiando os ideais de beleza e refinamento que habitualmente atopamos nas tipografías para texto.

Ler máis

sastre

Cronoloxía

Algúns fitos na historia de Sastre, dende a súa orixe ata o lanzamento comercial.

Reading (Inglaterra)
Primeiros bosquexos. Máster en Deseño de Tipografías

Algunhas das ideas no xerme do proxecto incluían o uso de contornos quebrados e a ausencia de liñas rectas.

  • Bocetos
  • Bocetos
  • Bocetos
  • Bocetos
Reading (Inglaterra)
O deseño evoluciona. Nova estrutura, novas formas

Aumenta o contraste dos trazos e as letras adoptan un eixo inclinado, cunha estrutura diferente de puntos nas contraformas.

  • Bocetos
  • Bocetos
  • Bocetos
  • Bocetos
Reading (Inglaterra)
Busca de referencias noutras tipografías

Identificar tipografías que compartían características do deseño axudou a abordar dificultades no proceso.

  • sastre
    Preissig Antikva (Vojtěch Preissig, 1925).
  • sastre
    Charter (Mathew Carter, Bitstream, 1987)
  • sastre
    Chaparral (Carol Twombly, Adobe, 1997)
  • sastre
    Korpus (Michael Mischler and Nik Thoenen, Binnenland, 2011)
Reading (Inglaterra)
Busca de inspiración noutros lugares

Outras fontes de inspiración, como a natureza ou a xastrería, derivaron en novas ideas, guiando o proceso por camiños pouco transitados.

  • sastre
    Foto de Luis Díaz Díaz
  • sastre
    Foto de María Ramos
  • sastre
    Foto de Jesús Madriñán
Estados Unidos, Xapón, Francia
Recoñecemento internacional
  • Mellor tipografía de estudantes, Print & Lettering Awards
  • Finalista, Morisawa Type Design Competition
  • Exposición, Pangramme learning type
  • sastre
  • sastre
Galicia
Primeiro uso comercial

Libro «Catro ventos», Fabulatorio

  • libro catroventos
  • libro catroventos
  • libro catroventos
Galicia
Presenza nunha exposición

«María Ramos tipografía», Fundación DIDAC

  • expo DIDAC
  • expo DIDAC
Suecia
Primeiro uso como tipografía corporativa

Morakniv, IW Agency

  • Morakniv
  • Morakniv
Portugal
Presenza en exposición internacional

«Galicia procesos e formas», Porto Design Biennale

  • Expo Porto 2023
  • Expo Porto 2023
Portugal
Novo uso comercial en deseño editorial

«Meandering: Art, Ecology, and Metaphysics», Atlas

  • Meandering
  • Meandering
Santa Comba, Galicia
Sesión fotográfica e documentación

Sastrería M. Ramos

  • Sesión fotográfica
  • Sesión fotográfica
  • Sesión fotográfica
NM type
Lanzamento público

Distribución exclusiva dende a nosa fundición, NM type.

  • Sesión fotográfica

Deseño

Sastre é unha tipografía de proporcións xenerosas, de corpo ancho e aperturas amplas. Ten unha boa lexibilidade en tamaños pequenos.

Un eixo diagonal define o contraste entre trazos finos e grosos, conectando o deseño con tipografías históricas de imprenta e formas caligráficas. Esta estrutura transmite un ritmo constante ao texto e guía o ollo mentres lemos.

  • Ascendente
  • Maiúscula
  • Minúscula
  • Liña base
  • Descendente

Os complexos contornos de Sastre son unha das súas características máis destacables. Os trazos conectan en múltiples puntos de ruptura. As formas e as contraformas utilizan un número distinto de vértices, alterando o grosor e a tensión dos trazos.

Dende unha perspectiva máis tradicional, Sastre é unha tipografía que combina os remates en cuña dun deseño máis mecánico cunha distribución de pesos propia de tipos clásicas de inspiración caligráfica. Inclúe pequenos cortes e trampas de tinta que potencian a expresividade do deseño, á vez que resolven problemas de impresión nas conexións máis delicadas.

As liñas rectas aparecen nos trazos horizontais, divididos ás veces en dúas partes. Pola súa parte, as liñas verticais presentan curvas suaves, engrosando o corpo dos caracteres segundo se achega ós remates.

As formas xeométricas están construídas con puntadas. Serven para identificar os elementos dunha lista pero tamén para crear bordos e texturas.

  • ▤□
  • □▤
  • ▤□

As versaletas de Sastre non son unha versión reducida das letras maiúsculas; están adaptadas a un estilo monoespaciado, engadindo unha nova voz á familia e permitindo crear composicións verticais equilibradas.

  • Cc
  • Ee
  • Hh
  • Pp
  • ganduxo
  • Rr
  • Gg
  • Ii
  • Mm
  • Ll
  • refrey
  • Zz
  • Ff
  • Ww
  • Nn

Tipografía

  • Sastre Regular400
  • Sastre Medium500
  • Sastre Semibold600
  • Sastre Bold700
  • Sastre Extrabold800
  • Sastre Variable

Type tester

Test na web de NM Type

Con máis de 40 anos de experiencia ás costas a habilidade coa agulla e o dedal faise notar. Centos de puntadas orquestradas para adaptarse á silueta dunha única persoa, niso consiste o traballo dun xastre.

Corría o ano 1960 cando Manuel, Manolo de Cristovo, deu as súas primeiras puntadas na xastrería que José Santos tiña en San Cosme. Quen lle ía dicir a aquel rapaz de 13 anos que acabaría adicando a súa vida a aquel oficio. O aprendiz de xastre marchou para A Coruña, onde comezou a traballar de camareiro. A cidade contaba entón con moitas xastrerías; só na Rúa San Andrés había 22. A escasos minutos do Siete Puertas, onde servía Manuel, estaba o taller de Luis Blanco, cliente habitual do bar. O oficio volveu a cruzarse co rapaz de Brandomil, que comezou a traballar na xastrería de Luis. A volta de Manuel á casa familiar, no concello de Zas, marcou o inicio da súa aventura en solitario. Os tecidos chegaban á aldea dende Sabadell, epicentro téxtil da Península. Un dos fabricantes, Textil Riba, soubo ver o talento do mozo e ofreceulle unha bolsa para aprender con mestres do gremio na Academia de Xastrería «La Confianza», en Barcelona. Era o verán de 1971. Á volta de Cataluña, Manuel continuou exercendo o oficio na casa familiar. Ata que en 1978 casou con Cecilia de Gavín, veciña da parroquia Alborés, no concello de Mazaricos. Cecilia e Manuel establecéronse en Santa Comba, onde comezaron a traballar xuntos. A Xastrería M. Ramos abriu as súas portas na Avenida Antonio Tomé a mediados dos 80, onde permanecería ata o seu peche. Entre os fíos, botóns, cintas, retallos, agullas e alfinetes, atopamos dúas Refrey industriais, as auténticas protagonistas do taller. Estas máquinas de coser, producidas na fábrica de Bouzas, acompañaron a Cecilia e Manuel durante miles de horas de traballo. A de Manuel, con máis de 50 anos de costuras, é do ano 1973. Cecilia, que tivo primeiro unha Alfa, mercou a súa Refrey nos 90. Pola xastrería pasaban viaxantes das fábricas textís de Sabadell, pero tamén comerciais de camiserías de Madrid e distintos puntos de Galicia, como Geyfe, AGE ou Orens. Outros provedores distribuían ferramentas e materiais de xastrería, como Augusto en Ourense ou Las Fábricas na Coruña. As entreteas viñan de Franquesa e as fiaturas de Reynés, que tamén se encargaba das cinturillas e etiquetas personalizadas. Os catálogos das distribuidoras incluían produtos procedentes de toda Europa: os fíos Gütermann de Alemaña, as pranchas Fratelli Casoli de Italia, ou as tesoiras Nogent de Francia. Na tempada de verán, coa axenda chea de celebracións, a xornada prolongábase ata ben entrada a noite. Un pantalón requería un día enteiro de traballo e para un traxe eran necesarias unhas 48 horas. Se sumamos probas e axustes, o proceso podía estenderse semanas. Para un traxe facían falta uns tres metros de tea, ao que había que sumar forro, ombreiras, botóns, entretea… No 22º Congreso Mundial de Mestres Xastres, celebrado en Barcelona, anunciábase a crise na profesión: dos máis de 14.000 xastres censados en España en 1967 pasábase aos 5.350 en 1987. Aí estaba Manuel Ramos, que xunto a Cecilia Silva chegou a facer 500 pantalóns nun só ano. Era o final dun século pero tamén o peche dunha era para o oficio. O declive das xastrerías, anunciado a finais dos 80, agudizouse no século XXI, cunha sociedade de consumo arrastrada cara a cultura da inmediatez. A xastrería M. Ramos sobreviviu ata o peche por xubilación no ano 2019. O taller de Cecilia e Manuel contou cun bo número de clientes habituais, que podía facer tres ou catro pantalóns ao ano, moitas veces encargados con meses de antelación.

  • Maiúsculas

    • Å
    • B
    • Ç
    • D
    • Ð
    • È
    • F
    • Ġ
    • H
    • Ï
    • J
    • Ķ
    • L
    • M
    • N
    • Ñ
    • O
    • P
    • Þ
    • Q
    • R
    • S
    • Ŧ
    • Ŭ
    • V
    • X
    • Y
    • Ź
  • Minúsculas

    • a
    • b
    • ć
    • d
    • ð
    • e
    • f
    • g
    • ħ
    • į
    • j
    • ķ
    • ł
    • m
    • n
    • ņ
    • ő
    • ø
    • p
    • q
    • ř
    • s
    • t
    • ŧ
    • ü
    • v
    • w
    • x
    • ż
  • Números

    • 0
    • 1
    • 2
    • 3
    • 4
    • 5
    • 6
    • 7
    • 8
    • 9
  • Matemáticas

    • +
    • ×
    • ÷
    • =
    • >
    • <
  • Puntuación

    • .
    • ,
    • :
    • ;
    • !
    • ?
    • (
    • )
    • *
    • /
    • #
    • «
    • »
    • -
  • Puntadas

  • Símbolos

    • &
    • ©
    • 🅭
    • ¢
    • $
    • £
    • ¥
    • %
  • Frechas

Versaletassmcp, c2sc

  • Eñe Eñe

Números lnum, onum, tnum

  • 0123456789

Inferiores e superiores sups, subs, sinf

  • m3 CO2 m3 CO2

Fraccións frac, numr, dnom

  • 3/4 5/6 7/8 3/4 5/6 7/8

Puntuación maiúsculas case

  • ¡OLA! ¡OLA!

Ordinais ordn

  • 1a 2o No. 1a 2o No.

Alternativas contextuais calt

  • (j) 3×2=6 (j) 3×2=6

Ligaduras dlig

  • fb fh fk fl fb fh fk fl

Ligadura e.g.ss01

  • e.g. e.g. Inglés
  • ej. ej. Español

Formas localizadas locl

  • L·L L·L Catalán
  • íj íj Holandés
  • ş ş Rumano